No DOG de venres 23 de febreiro de 2018 sae publicada a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2018 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios de protección civil da Comunidades Autónoma de Galicia, da Academia Galega de Seguridade Pública.
https://agasp.xunta.gal/gl/detalleCurso/172214
No DOG nº 175 de data 14 de setembro de 2017 publicouse a RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia. As actividades formativas están destinadas ao persoal voluntario das AVPC dos concellos de Galicia e o persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.es); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.actividades. O prazo de inscrición é de sete (7) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Esta actividade é cofinanciada nun 80 % polo Fondo Social Europeo dentro do programa operativo Fondo Social Europeo de Galicia 2014-2020.
No DOG número 157 , de hoxe 21 de agosto, sae publicada a Resolución do 14 de Xullo de 2017, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da orde de 3 de Maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos.Enlace ó texto completo é o seguinte: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170821/AnuncioG0244-090817-0005_gl.html
Esta entidade recibe axudas da