Logo Asociacion provincial de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil de A Coruña

14-09-2017

CURSOS DE FORMACION AGASP

CURSOS DE FORMACION AGASP

No DOG nº 175 de data 14 de setembro de 2017 publicouse a RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia. As actividades formativas están destinadas ao persoal voluntario das AVPC dos concellos de Galicia e o persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.es); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.actividades. O prazo de inscrición é de sete (7) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Esta actividade é cofinanciada nun 80 % polo Fondo Social Europeo dentro do programa operativo Fondo Social Europeo de Galicia 2014-2020.

Descargas

Esta entidade recibe axudas da

Avda. Ambulatorio s/n
15100 Carballo. A Coruña
Telf: 667 527 432. Fax: 981 794 214
E-mail
Aviso Legal
By Abertal