Logo Asociacion provincial de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil de A Coruña

20-10-2026

Recordatorio sobre a exención de peaxe para vehículos de Protección Civil e procedemento de paso

Por medio da presente, e ante as diversas consultas recibidas nesta Asociación Provincial relativas ao paso de vehículos por tramos de autopistas de peaxe, lembrámosvos o establecido na lexislación vixente respecto ás exencións de pago.Segundo o Artigo 23 da Ley 37/2015, de 29 de setembro, de Carreteras (Boletín Oficial del Estado núm. 234, de 30 de setembro de 2015), os vehículos ao servizo de emerxencia ou Protección Civil están exentos do abono de peaxes cando estean cumprindo as súas respectivas funcións específicas.Para garantir a correcta aplicación desta exención e facilitar a fluidez no tránsito, o procedemento operativo a seguir nas estacións de cobro é o seguinte:

  1. Aproximación: Chegar á peaxe dirixíndose a unha cabina con pago atendido ou con intercomunicador.
  2. Comunicación: Premer o botón do intercomunicador para contactar co persoal operador da peaxe.
  3. Identificación: Trasladar verbalmente e de forma clara ao/á operador/a a seguinte frase:"Vehículo de Protección Civil en servizo".
Rogamos transmitades esta información a todos os membros e condutores da vosa agrupación/asociación para o seu coñecemento e unificación de criterios nas actuacións operativas.

Esta entidade recibe axudas da

Avda. Ambulatorio s/n
15100 Carballo. A Coruña
Telf: 667 527 432. Fax: 981 794 214
E-mail
Aviso Legal
By Abertal