Ler máis
03072025
CURSO BASICO PARA CANDIDATOS A VOLUNTARIOS PREHOMOLOGADO POLA AGASP, CON SEDE EN VALDOVIÑO
Deu comenzo hoxe en @concello_valdovino o Curso Básico de Protección Civil presencial prehomologado pola @agaspxunta que @asoprovavpcacoruna organiza.Agradecer o Concello, o seu Alcalde Alberto, o Concelleiro de Seguridade Benito e o responsable da Avpc de Valdoviño a sua disposición e apoio na organización do mesmo.Igualmente a todos os docentes que colaboran de maneira altruista na realización de esta formación.18 voluntarios e voluntarias das AVPC de @avpc_culleredo , @avpcaspontes, @avpcvaldoviño, @avpcneda,@pcbergondo adquirirán coñecementos durante os próximos días.
Ler máis
03072025
DEMOSTRACION EQUIPO
Asistimos a demostración do equipo de extinción e desatascos da marca Stark, convidados por @gsisuministros .
Ler máis
03072025
VI XORNADAS PROVINCIAIS AVPC A CORUÑA -BAIO
Uns 450 voluntarios e voluntarias de diferentes agrupacións de Protección Civil de toda a provincia reuníronse onte en #Baio con motivo do VI Encontro Anual. No acto tamén se entregaron os recoñecementos da Asociación Nacional de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de España.🗣️ Estiveron acompañados de diferentes autoridades, entre elas, a subdelegada do Goberno, María Rivas; o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva; a deputada pronvincial de Medio Rural, Cristina Capelán; o presidente da Asociación Nacional de Agrupacións de Protección Civil, Arturo Fuente; a presidenta da @asocpronvincial.avpccoruna, Oliva García; e o Alcalde de Zas, Manuel Muíño quen resaltou a "tranquilidade que che dá chegar a un sitio e ver alguén de Protección Civil". 🫂 A xuntanza rematou cun xantar de confratenidade que se celebrou na Praza Jorge Mira Pérez, onde tamén había unha exposición de diferentes equipos de emerxencias.
Ler máis
18032025
VI ENCONTRO PROVINCIAL DE AGRUPACIONS DE VOLUNTARIOS DE PROTECCION CIVIL A CORUÑA -31 MAIO 2025-CONCELLO ZAS
Un ano mais a Asociación Provincial de AVPC da Coruña organiza para o vindeiro 31 de maio 2025 o “VI Encontro de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios e voluntarias de Protección Civil da Provincia da Coruña ”, nesta edición o lugar escollido para a celebración e o Concello de Zas.Este encontro organizase para que sirva de lazo de unión entre as distintas Agrupacións e Asociacións da Provincia, intercambiando experiencias e participando nas actividades que se están a organizar para o disfrute de todolos asistentes.Para inscribirse cubride a folla de inscripción adxunta e remitila por correo electrónico a asoprote@gmail.com antes do 30 de abril 2025, A espera de que se peche o programa da xornada , xa vos indicamos que vaise realizar exposición de medios nunha zona habilitada para tal fin , aquelas Avpc que queiran participar na exposición deberán comunicalo co fin de coordinar e organizar espacios e indicar que material van a expoñer.Esperamos contar ca vosa presencia, recibide un agarimoso saudo,