Deu comenzo hoxe en @concello_valdovino o Curso Básico de Protección Civil presencial prehomologado pola @agaspxunta que @asoprovavpcacoruna organiza.Agradecer o Concello, o seu Alcalde Alberto, o Concelleiro de Seguridade Benito e o responsable da Avpc de Valdoviño a sua disposición e apoio na organización do mesmo.Igualmente a todos os docentes que colaboran de maneira altruista na realización de esta formación.18 voluntarios e voluntarias das AVPC de @avpc_culleredo , @avpcaspontes, @avpcvaldoviño, @avpcneda,@pcbergondo adquirirán coñecementos durante os próximos días.
Asistimos a demostración do equipo de extinción e desatascos da marca Stark, convidados por @gsisuministros .
Uns 450 voluntarios e voluntarias de diferentes agrupacións de Protección Civil de toda a provincia reuníronse onte en #Baio con motivo do VI Encontro Anual. No acto tamén se entregaron os recoñecementos da Asociación Nacional de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de España.🗣️ Estiveron acompañados de diferentes autoridades, entre elas, a subdelegada do Goberno, María Rivas; o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva; a deputada pronvincial de Medio Rural, Cristina Capelán; o presidente da Asociación Nacional de Agrupacións de Protección Civil, Arturo Fuente; a presidenta da @asocpronvincial.avpccoruna, Oliva García; e o Alcalde de Zas, Manuel Muíño quen resaltou a "tranquilidade que che dá chegar a un sitio e ver alguén de Protección Civil". 🫂 A xuntanza rematou cun xantar de confratenidade que se celebrou na Praza Jorge Mira Pérez, onde tamén había unha exposición de diferentes equipos de emerxencias.
Un ano mais a Asociación Provincial de AVPC da Coruña organiza para o vindeiro 31 de maio 2025 o “VI Encontro de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios e voluntarias de Protección Civil da Provincia da Coruña ”, nesta edición o lugar escollido para a celebración e o Concello de Zas.Este encontro organizase para que sirva de lazo de unión entre as distintas Agrupacións e Asociacións da Provincia, intercambiando experiencias e participando nas actividades que se están a organizar para o disfrute de todolos asistentes.Para inscribirse cubride a folla de inscripción adxunta e remitila por correo electrónico a asoprote@gmail.com antes do 30 de abril 2025, A espera de que se peche o programa da xornada , xa vos indicamos que vaise realizar exposición de medios nunha zona habilitada para tal fin , aquelas Avpc que queiran participar na exposición deberán comunicalo co fin de coordinar e organizar espacios e indicar que material van a expoñer.Esperamos contar ca vosa presencia, recibide un agarimoso saudo,
No BOP do día 13 de marzo 2025 foi publicada resolución de Concesión definitiva Subvención por parte de deputación de A Coruña , correspondente o programa PROGRAMA DP0033/2025 CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓN DIRIXIDO AS AGRUPACIÓNS, ASOCIACIÓNS E ASOCIACIÓNS DE AGRUPACIÓNS DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA INVESTIMENTO DURANTE O ANO 2025 , CO OBCETO DE ADQUISICIÓN DE FERRAMENTAS E MAQUINARIA PROPIAS DAS ACTIVIDADES DE PROTECCIÓN CIVIL E DESTINADAS A MELLORA DOS SERVIZOS
Esta entidade recibe axudas da