Logo Asociacion provincial de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil de A Coruña

Noticias

14-09-2017
CURSOS DE FORMACION AGASP Ler máis

No DOG nº 175 de data 14 de setembro de 2017 publicouse a RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia. As actividades formativas están destinadas ao persoal voluntario das AVPC dos concellos de Galicia e o persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.es); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.actividades. O prazo de inscrición é de sete (7) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Esta actividade é cofinanciada nun 80 % polo Fondo Social Europeo dentro do programa operativo Fondo Social Europeo de Galicia 2014-2020.

21-08-2017
RESOLUCION SUVBENCIONS AS AVPC Ler máis

No DOG número 157 , de hoxe 21 de agosto, sae publicada a Resolución do 14 de Xullo de 2017, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da orde de 3 de Maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos.Enlace ó texto completo é o seguinte: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170821/AnuncioG0244-090817-0005_gl.html

20-06-2017
CIRCULACION DE VEHICULOS TIPO PICK UP Ler máis

INSTRUCCION 17/TV-97 da Dirección Xeral de Tráfico, Subdirección Xeral de Xestión da Movilidade

15-05-2017
CONVOCATORIA SUBVENCIONS AGRUPACIONS DE VOLUNTARIOS Ler máis

No DOG número 92 do luns 15 de Maio de 2017, sae publicada a Orde do 3 de Maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. Xúntase o arquivo en formato pdf.A presentación de solicitudes realizarase únicamente por medios electrónicos e o prazo para a súa presentación é dun mes a partir da data da publicación. Enlace ó texto completo é o seguinte: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170515/AnuncioG0244-040517-0002_gl.html

04-04-2017
FORMACION PARA VOLUNTARIOS PROTECCION CIVIL Ler máis

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2017 pola que se convocan cursos descentralizados para realizar catorce edicións do curso básico de protección civil, cofinanciadas co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia.http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170403/AnuncioO3C2-280317-0002_gl.pdf

Esta entidade recibe axudas da

Avda. Ambulatorio s/n
15100 Carballo. A Coruña
Telf: 667 527 432. Fax: 981 794 214
E-mail
Aviso Legal
By Abertal