Logo Asociacion provincial de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil de A Coruña

09-02-2017

A Xunta ultima coas agrupacións de voluntarios de protección civil os cursos de formación para o persoal voluntario

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, abordou tamén coas agrupacións os criterios de reparto das subvencións deste ano


O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, mantivo hoxe en Santiago unha reunión ordinaria de coordinación coas asociacións provinciais de voluntarios de Protección Civil (AVPC).Dous foron os temas principais que se abordaron. Por un lado, ultimar a programación da formación para o persoal voluntario das AVPC (cursos básicos, de segundo e terceiro nivel ou especialización) e, por outro, consensuar os criterios de reparto das subvencións que a Dirección Xeral publicará este ano.Os cursos básicos son os que todo voluntario ten que acadar para entrar a formar parte do voluntariado regulado pola dirección xeral. Nos mesmos trátanse as materias mais elementais así como coñecer a filosofía do voluntariado de protección civil.Os cursos de segundo nivel tocan temas de máis profundidade en materias tan necesarias como a loita contra os incendios, os primeiros auxilios e os accidentes de estradas, e axudan a coñecer as funcións de autoprotección e prevención nestas materias.Ambos niveis de cursos se desenvolven de maneira descentralizada en toda Galicia, o que permite unha asistencia xeralizada dos novos voluntarios sen gastos para os mesmos.Os de terceiro nivel están dirixidos aos voluntarios de mais longa duración e están especializados en diversas materias tales como atención psicolóxica en catástrofes, xestión de emerxencias, planificación en protección civil... Son disciplinas que axudan a organizar estas entidades e que conseguen dotar aos concellos de grupos de cidadáns organizados e bos colaboradores cos profesionais das emerxencias.Por outra parte, tratáronse tamén os criterios de reparto de subvencións que a través de ordes de concorrencia competitiva vanse a publicar no primeiro trimestre deste ano. En concreto unha delas será de axudas para o desenvolvemento das AVPC contribuíndo aos gastos de funcionamento por un orzamento total de 340.000 euros e a outra, cun orzamento aínda sen determinar, para a compra de equipamento de emerxencias (vehículos todo terreo, remolques de emerxencia, embarcacións. etc) a ceder aos concellos para a súa utilización polos servizos de emerxencia e protección civil.Ao remate da xuntanza, Luis Menor puxo de novo en valor a implicación e labor altruísta que desenvolven estas agrupacións, que constitúen un dos piares fundamentais no eido das emerxencias.Os membros de Protección Civil complementan e reforzan a rede profesional de xestión e atención ás emerxencias e contribúen co seu esforzo desinteresado a ofrecer o mellor servizo aos cidadáns, no chanzo máis próximo a eles, dende os concellos. Así, grazas aos bombeiros municipais, comarcais, GES, centro de atención ás Emerxencias 112, corpos e forzas de seguridade, e 061, entre outros, a comunidade galega ten unha unha auténtica malla de resposta profesional ante posibles emerxencias.

Esta entidade recibe axudas da

Avda. Ambulatorio s/n
15100 Carballo. A Coruña
Telf: 667 527 432. Fax: 981 794 214
E-mail
Aviso Legal
By Abertal